O 2 de maio de 2018 celebrouse no Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela, o encontro Regueifesta de improvisación oral en verso para centros de ensino galegos. Trátase dunha actividade didáctica impulsada polos proxectos Enreguéifate e Regueifesta que procura a participación da comunidade escolar na difusión da regueifa e da improvisación oral en verso.
No encontro interviron rapazas e rapaces da nova xeración galega do repentismo, así como alumnado de Euskadi e de Catalunya, que improvisarán ao xeito do bertsolarismo e da glosa. Dinamizaron o acto os/as regueifeiro/as Alba María, Josinho da Teixeira, Séchu Sende e Manolo Maseda; e inclúense tamén diversas intervencións musicais. Ademais, fíxose entrega dos premios da II edición do Certame Enreguéifate.
Embaixo deste texto podes atopar un vídeo resumo do encontro.