Certame Enreguéifate 2026

Dende o 12 de xaneiro até o 6 de marzo está aberto o prazo para participar na IX edición do certame de regueifas en vídeo Enreguéifate.

Para facelo, debedes enviar o voso vídeo regueifando a través do formulario de inscrición que aparece abaixo. A participación é aberta e de balde, mais tede en conta que:

– Hai dúas categorías: unha xeral, para calquera persoa, e outra escolar, para alumnado dos centros educativos galegos non universitarios.
– A lingua empregada nas regueifas debe ser o galego, a temática é libre, en cada vídeo deben aparecer cando menos 2 persoas e a duración máxima é de 3 minutos.

Recomendámosvos que antes de poñervos mans á obra consultedes as

Inscrición

    *No caso de menores de 14 anos a inscrición debe facerse cos datos do/a titor/a legal dunha das persoas participantes (categoría xeral) ou dunha persoa docente do centro educativo ao que pertencen (categoría escolar).


    XeralEscolar


    Autorizo a difusión do video de xeito público para a promoción do propio certame nos medios de comunicación que designe o/a responsable, tanto físicos como dixitais (redes sociais, páxina web, prensa, etc.). En caso de non marcar esta caixa, o video únicamente será visto pola organización e polo xurado.

    Categoría ESCOLAR: a persoa adulta que realiza a inscrición declara que conta coa autorización de participación e de cesión de dereitos de imaxe asinada polos/as titores/as legais de todas as persoas menores de 14 anos que aparecen no vídeo.

    Categoría XERAL: a persoa que realiza a inscrición comprométese a descargar o modelo de autorización de tratamento de imaxe, que debe enviarnos asinado polos/as titores/as legais de todas as persoas menores de 14 anos que aparecen no vídeo.

    Descarga aquí o modelo de autorización de tratamento de imaxe para menores de 14 anos, que podes cargar na cuadrícula a continuación:

    Protección de datos
    Informámoslle, respecto dos datos de carácter persoal que nos facilitou, dos seguintes extremos:

    Responsable do tratamento: Os seus datos serán tratados por ALEJANDRO GANDARA PORTEIRO, con NIF 47404731E, como titular deste dominio web, ademais de polas entidades organizadoras do proxecto Enregueifate que se sinalan a continuacion: Concello de Ames, Concello de Arzúa, Concello de Carballo, Concello de Pontevedra, Concello de Santiago de Compostela e o Concello de Teo; así como por SEISPÉS PRODUCIÓNS CREATIVAS S.L., con CIF B70328745, encargada do tratamento.

    Finalidades e lexitimación: Os seus datos serán tratados coa finalidade de xestionar a inscripcion no certame de regueifas en vídeo Enreguéifate, con base legal no consentimento expreso. O/A titular pode revogar o seu consentimento ao tratamento dos datos en calquera momento.

    Prazo: Os seus datos serán conservados ata a oposición ao devandito tratamento por parte do/a titular ou a perda de uso relevante. Destinatarios: Salvo obligacion legal, e con excepcion das entidades xa mencionadas, asi como as empresas que prestan servizos necesarios para o correcto desenvolvemento do proxecto, os seus datos non serán cedidos a terceros.

    Dereitos: Se desexa exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación, oposición, limitación e/ou portabilidade ou se desexa máis información respecto ao tratamento dos seus datos, diríxase por escrito á dirección arriba indicada xunto con documento acreditativo da súa identidade.

    Información adicional: Pode consultar a información adicional e detallada sobre Protección de datos na nosa política de privacidade.

    Aceptación das bases
    A inscrición no certame Enreguéifate implica a aceptación das súas bases

    Introduce este código: captcha

    *Se tes calquera problema para cargar aquí o vídeo podes facérnolo chegar ao enderezo electrónico info@enreguéifate.gal directamente ou vía wetransfer